|
| |
PLAN DE CONSERVACIÓN
Y
RESTAURACIÓN DEL
CIPRÉS DE LA ANUNCIADA |
|
|
Anterior |
Siguiente
 |
|
|
Valoración
do Ciprés da Anunciada |
|
VALOR HISTÓRICO E CULTURAL |
|
O Mosteiro da
Anunciada foi fundado o 24 de abril de 1606 por D. Pedro de
Toledo, quinto Marqués de Vilafranca e Virrei de Nápoles. Nel
ingresaría como membro da Orde de Santa Clara, a súa filla Dña.
María de Toledo, recibindo o nome de Sor María da Trinidade.
Segundo recolle a tradición oral o Ciprés da Anunciada foi
plantado por ela.
Dende aquela toda
unha serie de acontecementos, tradicións, lendas, actos de
recollimento, etc… veñense desenvolvendo xunto a esta árbore
senlleira. Así, conta a tradición oral do Mosteiro que estando
un día rezando Sor María da Trinidade tivo unha evocadora visión
do Neno Xesús, que a levou ata o Ciprés, actualmente as irmás
celebran este acontecemento, o domingo do Bo Pastor, reuníndose
arredor do Ciprés nunha merenda-cea onde reviven antigas
cancións. Todos estes acontecementos e significados están
recollidos e documentados en actas e arquivos da Orde.
Poucas árbores hai
cun valor simbólico tan evidente e claro como o do ciprés,
asociado a recintos relixiosos na cultura cristiá, árbore sempre
verde, sempre viva, símbolo da inmortalidade da alma e da vida
eterna. O Ciprés da Anunciada é, sen dúbida, un símbolo vivo,
árbore compañeira de partida e viaxe, mestra e guía. |
|
|
|
VALOR PAISAXÍSTICO |
|
O Ciprés da
Anunciada, situado na parte alta da horta do Mosteiro como
árbore aillada, foi plantada tamén, cunha clara función de fito
na paisaxe, xa que permite a localización do Convento e facilita
a orientación na vila e o val.
Dende o punto de
vista paisaxístico, o desenvolvemento e mellora das
infraestructuras viarias que se levaron a cabo no val
distorsionaron e interferiron, visual e acusticamente, na
función de recollimento que se estructurou a carón do Ciprés. |
|
|
|
VALOR SOCIAL |
|
Non cabe dúbida
que o ciprés da Anunciada é un claro referente cultural para os
veciños de Vilafranca e de todo o Bierzo, que traspasa sen
dificultade as fronteiras naturais que conforman esta comarca
enmarcada na ruta Xacobea, e polo tanto frecuentada por turistas
e peregríns de todo o mundo. |
|
|
|
VALOR BOTÁNICO |
|

Segundo refiren os
informes técnicos previos, na análise dendrométrica efectuada en
1985 mediante sonda Pressler, o corex obtido revelou unha idade
de 370 años con +- 10 anos de erro. Deste dato podemos deducir
que a idade estimada da árbore na actualidade será duns 400
anos.
Dito estudo tamén
nos informa da altura total da árbore, estimada en 42 metros
mediante hipsómetro, mentras que o tronco posue un diámetro de
1.54 m. a 1.30 metros de altura do chan. Fai uns anos
produciuse a rachadura da parte terminal de copa da árbore como
consecuencia da instalación natural dun niño de cegoñas, que
evidentemente fixo diminuir a súa altura total.
Estes datos sobre
a súa idade e dimensións, revelan o alto valor botánico do
individuo, xa que é pouco frecuente, no noso país, atopar
cipreses desta especie que as acaden. O seu valor monumental non
pasou desapercibido, xa no século XVIII, chamou a atención ao
insigne ilustrado Antonio Ponz.
O 1995, o libro
“Árboles Singulares de la provincia de León”, editado polo
diario “La Crónica 16 de León”, recolle na súa ficha primeira ao
Ciprés da Anunciada, posto sen dúbida merecido por ser a árbore
máis alta da provincia. E no “Catálogo de Especímenes Vegetales
de Singular Relevancia de Castilla y León”, de próxima
proclamación mediante Decreto, aparece, como unha das árbores de
maior relevancia en Castela e León.
Finalmente, no
libro “ÁRBOLES MONUMENTALES DE ESPAÑA”, publicado este mesmo ano
de 2004 pola Compañía Loxística de Hidrocarburos CLH, S..A., de
Madrid, o Ciprés da Anunciada figura como o máis antigo e de
maior altura existente en todo o territorio español.
|
|
|
Anterior |
Siguiente
 |
|
| |
|
Boletín de
Noticias
 |
|
Foro
 |
|
Libro de
visitas
 |
|
Contacta
 |
|
|