Inicio
Texto de botón
Texto de botón

Texto de botón

ordenanza
Texto de botón

Boletín de Noticias


Esta Web está subvencionada por el Ayuntamiento de Ponferrada

 

 
Inicio Ciprés de la Anunciada Estado de conservación - Galego

Mapa del Web


  Volver
PLAN DE CONSERVACIÓN
Y RESTAURACIÓN DEL
CIPRÉS DE LA ANUNCIADA

Anterior | Siguiente

Estado de conservación

  VALORACION DO ESTADO DE SAUDE

A árbore vén amosando un decaimento xeneralizado dende fai algunhas décadas. Na actualidade presenta, signos patolóxicos da seca criptogámica do ciprés, presenza de insectos patóxenos, seca de follas e braquiblastos, abundancia de ramas secas na copa, roturas de eixes secundarios e terciarios por fraxilidades estructurais de orde biomecánico, escaso vigor, caída de follas e diminución da fructificación, entre outros, que amosan que o Ciprés da Anunciada presente un estado de saúde debilitado, fraxilizado e ameazado.

A patoloxía orixinada polos fungos, que se coñece co nome da seca criptogámica do ciprés, nela hai implicadas varias especies de fungos como Pestalotiopsis funerea, Phomosis juniperovora, etc. Ademáis hai presenza de varias especies de fungos da familia dos Capnodiaceos o fumaginas.

No tocante aos insectos, que  acadaron o nivel de plaga,  atopamos básicamente cóccidos diaspidoides tipo Carulaspis visci.

Como vemos, un conxunto de fungos e insectos, que en xeral acostuman a ser pouco agresivos, están sometendo ao Ciprés da Anunciada a un decaimento progresivo, que está afectando a un 30% da copa da árbore, nalgunhas zonas puntuais con carácter irreversible, mostrando cada vez zonas máis amplas da copa morta, que desfiguraron la columna homoxénea e densamente compacta que é o ciprés.

 

 


Anterior | Siguiente

© A Morteira 2006.
Resolución de pantalla recomendada 1024x768
Mapa del Web | Contacto | Añadir a favoritos