Inicio
Texto de botón
Texto de botón

Texto de botón

ordenanza
Texto de botón

Boletín de Noticias


Esta Web está subvencionada por el Ayuntamiento de Ponferrada

 

 
Inicio Ciprés de la Anunciada Plan de conservación - Galego

Mapa del Web


  Volver
PLAN DE CONSERVACIÓN
Y RESTAURACIÓN DEL
CIPRÉS DE LA ANUNCIADA

Anterior |Siguiente

Plan de Conservación e Restauración

Entre os años 1989 e 2001, o ciprés da Anunciada foi obxecto de varios tratamentos químicos, baixo a tutela do Concello de Vilafranca do Bierzo e do Catedrático de Bioloxía Vexetal, Don Carlos Manuel Romero Rodríguez.

A pesar disto, o decaimento da árbore é progresivo, e  o seu grave  estado de conservación require a instauración dun Plan de Xestión para a súa restauración integral: tratamentos, control e seguimento a curto, medio e longo prazo do exemplar. Traballo que dende o ano 2003 vén realizando o Equipo Técnico de D. Bernabé Moya, Botánico e Paisaxista, sen percibir ata hoxe ningún tipo de axuda económica.

 

LIÑAS DE ACTUACIÓN

As actuacións a desenvolver van encamiñadas á conservación da árbore, mediante medidas urxentes de intervención e restauración, froito dun estudo dendrológico integral da árbore e do entorno.

Ditas actuacións  estendense  inicialmente ata o ano 2006, momento no que se ensalza o catrocentos aniversario da fundación do mosteiro, e con toda probabilidade a plantación do Ciprés.

Neste mesmo prazo promoveráse a posta en valor do Ciprés da Anunciada, para elo desenvolveráse unha campaña de educación ambiental nos colexios do entorno, a edición de material divulgativo e a realización dun libro que recolla todo o legado histórico e cultural que a árbore ten xenerado na súa dilatada e extraordinaria existencia. 

TRATAMENTOS FITOSANITARIOS

Dado o grao de ataque que presenta o Ciprés da Anunciada e o seu previsible evolución, é necesario un control fitosanitario progresivo e en función da resposta da árbore, co obxectivo de tratar as patoloxías existentes e alongar o máis posible a vida do exemplar.

ACTUACIÓNS COMPLEMENTARIAS

Para conservar o individuo nas mellores condicións de vida, ademais dos mencionados tratamentos fitopatolóxicos, é urxente a realización das siguintes obras:

- Consolidación do muro de contención do talude en que se atopa o ciprés e reparación de presa de rego.

 - Restauración paisaxística, mediante a sustitución da vexetación circundante por outra máis adecuada.

MULTIPLICACIÓN DO CIPRÉS DA ANUNCIADA

Un exemplo claro da preocupación das Irmás pola saúde da árbore e do seu lento pero progresivo empeoramento é  interese e dificultades que teñen para multiplicar e perpetuar o Ciprés da Anunciada. Dunha parte, porque a fructificación da árbore foi diminuindo ata case non producir gálbulos, mostra evidente da súa debilidade física. Doutra, que nos anos que se conseguiron sementes, a maior parte destaa, aínda que xerminaron, sucumbiron pouco despois da xerminación. 

Para garantir a continuidade deste monumento vivo a través da súa descendencia, é indispensable a aplicación dos correspondentes tratamentos fitosanitarios no viveiro.

 


Anterior | Siguiente

© A Morteira 2006.
Resolución de pantalla recomendada 1024x768
Mapa del Web | Contacto | Añadir a favoritos